tag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post2698645461472096412..comments2014-04-12T10:49:27.851+02:00Comments on Cillian Murphy como mola, se merece una ola.: Esta entrada non ten título. Non llo penso poñer.Cillian Murphyhttp://www.blogger.com/profile/16815561116027562100noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-12241435218736825092012-05-11T11:48:01.988+02:002012-05-11T11:48:01.988+02:00A ver eh! Saber escribir sei, a pe ca a pa e todo ...A ver eh! Saber escribir sei, a pe ca a pa e todo iso si, ata sei que antes de pe e be vai eme, pero refírome a que non teño unha prosa distinguida e todo iso, e que tampouco me importa, vamos. E o da película dos magos,en fin... nada que engadir, o meu blog non é de cine, aínda que me guste case tanto coma a contabilidade, pero suscribo case tódolos pareceres do bichicoma nese sentido, así que considero o seu blog tamén un pouquiño meu, non para nada houbo rumores aí unha tempada de que compartiamos personalidade... compartir non é a palabra, a palabra era copiar, creo, si, que eu lle copiaba a personalidade. Home, el é moito máis erudito, eu quedei bastante atrás ultimamente, pero supoño que non cambiaría a súa visión da realidade cinéfila.

Outra aperta pa ti, veña.Cillian Murphyhttps://www.blogger.com/profile/16815561116027562100noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-22814384150628943642012-05-10T15:48:28.762+02:002012-05-10T15:48:28.762+02:00Que non che estou berrando, hostia! As exclamación...Que non che estou berrando, hostia! As exclamacións póñoas tamén cando teño un sorriso colgado da boca!
Xa sei que estamos maiormente de acordo, do contrario non perdería o tempo en ler o que explicas (nin o que respondes!). Discrepo niso que pos no post (mira ti, un pareado) de que non sabes escribir, pero polo demais, de acordo, ata vou aprendendo algo de contabilidade para cando me boten e teña que abrir unha empresa cos cartos que me vai prestar Bankia.
Apertas, outra vez.

P.S.: Ah, discrepo tamén naquelo que contaras sobre a pilícula dos magos de Nolan, pero é normal que pasando varias veces polo cortello do bichicoma, a xente remate escribindo cousas sen pensalas dúas veces. Danos colaterais, disque.perrolocohttps://www.blogger.com/profile/01763541498701329756noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-40088688980057591952012-05-10T12:51:54.846+02:002012-05-10T12:51:54.846+02:00Pero non me berres home, que eu non teño culpa de ...Pero non me berres home, que eu non teño culpa de todos eses males. Ademais estou de acordo contigo en todas esas cousas, co cal chego á conclusión de que non me sei expresar e estou pensando en pechar o blog, porque, se despois dunha entrada poñendo a parir a amnistía fiscal, onde tamén me meto un pouco coa reforma laboral, pensas que estou en contra túa, paréceme lóxico que o meu non é escribir sobre actualidade política. Por outro lado, se se confirma esta sospeita, ó mellor teño sorte e fíchanme en Intereconomía para "El Gato al Agua"... Nunca se sabe por onde che vai chegar unha oferta laboral... Ai! Non, que pecha... trasládanse a RTVE.

Ademais, o de que a xente estea preocupada polo que non debe tampouco debería estrañarche, non sei en que ambiente te moves, pero eu estou facendo un ciclo superior en réxime de adultos, que se supón que ninguén os obriga a estar alí, e cando falta un profesor quedan todos moi contentos, e fan pactos para non ir un día, e esas cousas que eu pensei que por riba dos 20 e pico anos xa non pasaban... iso sen ter en conta que son máis burros que Pichote, que prefiren un profesor incompetente que os aprobe a un que domine realmente a súa materia e lles esixa un mínimo esforzo intelectual.

Ben, outra vez me estou pasando coa extensión, pero é que quería explicarme ben para que non me berres máis. Iso, que o nivel baixa a zancadas enormes, que cada vez os nenos son máis burros, e iso non é normal, que xa digo na entrada que non sei de quen é culpa, pero que creo que a cada reforma do ensino perdemos, non só nivel cultural, senón dignidade persoal. Entón como queres que a xente entenda o de Bankia, o da reforma laboral, ou o da amnistía fiscal? De feito, eu penso que o das reformas en educación non é sen querer, é todo premeditado para que cada vez a cidadanía sexa máis burra, e así poder facer o que lles veña en gana, como xa o están facendo, pero sen a máis mínima resistencia.

Non sei se agora me expliquei, pero se quedou algo podes recordarmo, que tampouco teño moito máis que facer... Ademais son consciente de que nestas entradas sempre me quedan cousas por dicir, e se mas vai recordando alguén podo incluílas nos comentarios finais.

Gracias por molestarte en ler as respostas.Cillian Murphyhttps://www.blogger.com/profile/16815561116027562100noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-63862454213647669932012-05-10T00:42:08.027+02:002012-05-10T00:42:08.027+02:00Que era unha brincadeira, hostia!
Fixemos unha fo...Que era unha brincadeira, hostia!

Fixemos unha folga xeral contra unha reforma na que á patroal só lle queda esixir a virxinidade da nosa filla maior, e na miña vila abriu todo con total normalidade. E cando dixen que eu secundara a folga miraron cara min como dicindo "está tolo o perro".

Imos meter cartos en Bankia coma se fosen de balde, a saber en que condicións, e a xente preocupada polo partido desta noite.

A ultradereita botada ao monte, e a peña a dicir "pero iso só pasa en Francia, en Grecia, en Holanda, en Italia, en..."

Ben, coido que está bastante claro. Era unha pregunta retórica. E quen sabe se non será mellor así, que quede pasivo.
Mañán pola mañán, retiro os poucos cartos que me quedaban por quitar do banco, e que deus nos colla confesados a todos.

Unha aperta.

P.S.: Sempre miro as respostas.perrolocohttps://www.blogger.com/profile/01763541498701329756noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-73818595226465142662012-05-09T18:28:52.813+02:002012-05-09T18:28:52.813+02:00Hola outra vez. Xa sei que mo dixeches, ou máis be...Hola outra vez. Xa sei que mo dixeches, ou máis ben preguntáchesmo, NON? Ou era unha pregunta retórica coma esta miña? Porque eu respondín creo que bastante extensamente, e con toda a corrección da que fun capaz. O que non sei e se liches a resposta, probablemente non, como, nese caso, tampouco lerás esta.

Neste caso parece que o PP o que quere e nacionalizar o banco en cuestión, iso, realmente só é un pouco mellor que o que fixeron os outros, que dirás ti: non é o que querías? Pois si, pero paréceme ilóxico que teñamos cartos para nacionalizar un banco, ou dous si son pequenos, mentres estamos privatizando todo o demais.

Volvo dicir o mesmo que dixen na entrada, se non hai cartos para que os cidadáns máis desfavorecidos vivan dignamente, se os nosos impostos, en constante crecemento, non chegan para poder axudar á xente que os paga, para que son? Para mercar un banco? Parécenos máis necesario, tal e como están as cousas, que o estado se faga cun banco cos nosos cartos ca que protexan un pouquiño máis a tódolos desempregados?Cillian Murphyhttps://www.blogger.com/profile/16815561116027562100noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-20101676274426896892012-05-09T09:48:55.405+02:002012-05-09T09:48:55.405+02:00O pasivo é o cidadán, xa cho dixen before.O pasivo é o cidadán, xa cho dixen before.perrolocohttps://www.blogger.com/profile/01763541498701329756noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-1240357635044755067.post-82050441730162876872012-05-07T21:32:58.539+02:002012-05-07T21:32:58.539+02:00Killian Marfy no es traidor...Killian Marfy no es traidor...Cochomonohttps://www.blogger.com/profile/05479205403888399914noreply@blogger.com